Venda de producto alimentario fresco

A venda de alimentos online multiplicarase por seis en tres anos

A venda de alimentación online dispararase durante o próximos tres anos, pasando de aglutinar unha cota apenas superior ao 1% na actualidade para alcanzar entre o 4% e o 6% da facturación total do sector, segundo un informe elaborado por Oliver Wyman. A consultora sinala ademais que este forte crecemento poñerá en risco a pervivencia[…]

Contenedores

A Cámara de Santiago organizará este ano 14 misións comerciais e asistencia a feiras internacionais

A Cámara de Comercio, Industria, Servizos e Navegación de Santiago de Compostela presenta o calendario de accións de internacionalización para 2018, incluídas no Plan de Fomento das Exportacións Galegas (FOEXGA), patrocinado polo Igape co obxecto de fomentar as exportacións das empresas galegas. A Cámara de Santiago ofrece este ano ás empresas once misións comerciais. No[…]

Condución eléctrica

Tecnoloxías innovadoras no sector enerxético

Os sistemas de xestión intelixente colaborativa da enerxía, onde tomen protagonismo desde as grandes comercializadoras aos pequenos consumidores van ser a clave da redución de custo económico e ecolóxico nun futuro inmediato. Isto creará unha nova situación con grandes retos debido ás dificultades que se poden presentar a nivel enerxético e de como xestionar estes[…]

Confianza_empresarial

97% das empresas galegas espera manter ou incrementar o emprego en 2018

As empresas galegas son máis optimistas que as do conxunto da Unión Europea de cara a 2018, segundo os resultados da Enquisa de Perspectivas Empresariais, elaborada o pasado mes de setembro por Eurocámaras que contou coa participación da Cámara de Comercio de Santiago. En total participaron máis de 50.000 empresas europeas, das que máis de[…]

novas economías

A economía social e outros 5 modelos alternativos á economía de mercado

Os valores sobre os que se constrúe a economía social contribúen a un crecemento innovador e integrador e, ademais, á creación dun emprego estable e de calidade, promovendo o progreso económico e social e axudando a crear unha sociedade máis equitativa. Estamos ante outro xeito de emprender, de producir, de xestionar e de consumir, que[…]

posicionamento

O Goberno galego impulsa un plan pioneiro para a dixitalización de 100 pemes

A Consellería de Economía, a través do Igape, activará case 6 millóns para realizar investimentos a través dun plan pioneiro no ámbito da ‘fábrica intelixente’ co obxectivo de favorecer o impulso de proxectos colectivos de dixitalización que beneficien a 100 pequenas e medianas empresas (pemes) galegas. En 2018 desenvolveranse catro convocatorias para facilitar proxectos dixitais,[…]

Espazo Galicia Open Future na Cidade da Cultura de Galicia

A Xunta e Telefónica abrirán en 2018 unha nova edición de Galicia Open Future

A Xunta e Telefónica porán en marcha en 2018 “Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0”, un programa de apoio ao emprendemento no que os participantes deberán propoñer solucións a seis retos no ámbito da Industria 4.0, formulados por empresas tractoras. Galicia Open Future: edición retos Industria 4.0” lanzará diferentes convocatorias para cada un dos[…]

Laboratorio

A investigación sanitaria de Santiago lanzou catro empresas aos mercados

Son catro iniciativas empresariais ( spin off) que emerxeron de grupos do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago e ao amparo da Fundación Ramón Domínguez, e que buscan nichos no mercado a partir de esforzos dedicados á I+D+i ademais de promover 18 empregos. No 2014 empezaron QubioTech, Nasasbiotech e Dart, e este mes presentouse LINCBiotech.[…]

spinandup-en-cersia

O Cersia acollerá a presentación do proxecto Spin&Up cunha xornada sobre a relación entre Universidade e Empresa

Cersia acollerá unha xornada para presentar a importancia da transferencia de coñecemento entre Universidade e Empresa. Esta xornada contará con representantes da Universidade e do tecido empresarial de Santiago e tamén da Universidade e do tecido empresarial do Minho. Será o martes 7 de xuño e estará aberta a participación de todas as persoas interesadas,[…]

Xuntanza do grupo de traballo

O 17 de maio de 2016 celebrouse unha xuntanza do grupo de traballo creado co obxectivo de promover unha actividade vinculada ao emprendemento e á innovación, o asentamento de empresas e a captación de proxectos de investimento empresarial na área norte de Santiago. Integran este grupo o Instituto Galego da Vivenda e Solo, representado por D.[…]