O Proxecto

17 Maio, 2016

O proxecto SPIN&UP nace co obxectivo de estimular e favorecer a transferencia bidireccional empresa-universidade de coñecementos e tecnoloxía no Espacio de Cooperación Interreg Galicia- Norte de Portugal, mediante o encontro entre as necesidades do tecido productivo e a oferta dos axentes xeradores de coñecemento deste territorio.

Queremos aportar valór a través da mellora e creación de proxectos de desenvolvemento empresarial asentados en procesos de innovación constrastados á eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Para conquerir este obxectivo xeral a candidatura do proxecto SPIN&UP agrupa ás seguintes entidades:

1. Socio lider: Concello de Santiago de Compostela , a través da Oficina de Promoción Económica. A Oficina de Promoción Económica traballa apoiando a creación de empresas e a mellora da competitividade empresarial a través do programa de dinamización económica “Compostela Móvese” que ten como principal obxectivo apoiar un modelo de desenvolvemento económico local, estratéxico, endóxeno, innocador, cooperativo e asentado na identidade e historia do territorio no que se produce.

2. A Universidade de Santiago de Compostela, a través da SOCIEDADE PARA A PROMOCIÓN DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS INNOVADORAS, S.L (UNINOVA), constituída en 1998 é a incubadora que promociona a creación de empresas de base tecnolóxica resultantes de proxectos de I+D da Universidade de Santiago de Compostela. Esta experiencia pioneira forma parte do Plan Estratéxico para o emprendemento da USC e conta con amplia experiencia na programas de creación de empresas, transferencia de tecnoloxía, protección de resultados de investigación e formación de persoas emprendedoras. UNINOVA tamén é o organismo responsable da xestión da carteira de patentes e resultados de investigación da USC que poderían ser obxecto de desenvolvemento para a súa maduración mediante este proxecto.

3. A Asociación Área Empresarial do Tambre posúe ampla experiencia no fomento da innovación e outros aspectos vinculados ao seu desenvolvemento en colaboración con universidades e centros de investigación. Tamén realiza para as súas empresas socias tarefas de asesoramento empresarial, accións formativas, información, etc.

4. A Asociación Universidade-Empresa para o desenvolvemento TEC MINHO ten como misión promover a súa conexión coa sociedad en materia de ciencia e tecnoloxía. O departamento de Transferencia de Tecnoloxía e Emprendemento ten 10 colaboradores con ampla experiencia en innovación, emprendemento, propiedade industrial, valorización e tranfesrencia de I+D+I. TECMINHO xestiona máis de 150 patentes, valorou máis de 130 tecnoloxías innovadoras, pechou máis de 300 acordos de colaboración con empresas e ten apoiado a creación de 15 empresas spin-off.

5. A Asociación Industrial do Minho con preto de 1000 membros é unha das asociacións empresariais máis importantes de Protugal. A actividade de AlMinho desenvólvese nas nuts III Minho-Lima, Cávado e Ave a partir de dúas plataformas de operación estratéxica atendidas por unha equipa cualificada, polivalente e orientada para o apoio á actividade empresarial que se complementa cunha red de alianzas estratéxicas con outras asociacións empresariaias, concellos, centros tecnolóxicos, universidades, politécnicos e escolas de formación profesional entre outros axentes.

Ademáis cada socio establece dentro do seu territorio as colaboracións oportunas para o desenvolvemento do proxecto e contamos xa co apoio formal das seguintes entidades e empresas: Balancas Marques, Comunidade intermunicipal do Ave, Comunidade Intermunicipal do Cávado, GAIN (Axencia Galega de Innovación), LATINOGROUP, ARTEAL S.L., VIDROGAL S.A., F3M INFORMATION SYSTEMS S.A., ARCAGOL, Women Emprende, ANJE (Asociaciacao Nacional de Jovens Empresarios de Portugal, Charcutaría PRIMA S.A. e FINSA.

O SPIN&UP ten presentado unha candidatura á primeira convocatoria do programa INTERREG V A ESPAÑA-PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020, se ben as entidades socias do mesmo acordaron iniciar as accións do proxecto con independencia da resolución desta convocatoria e comezar a traballar nos seguintes puntos:

– Crear unha comunidade transfronteriza Galicia – Portugal de “Núcleos Locales de Transferencia” (NLT), baseados na colaboración universidade-incubadoras-asociacións empresariais-concellos/municipios.

– Implementar e validar o modelo de “Núcleos Locales de Transferencia”, para a súa defusión e transferencia a outros territorios do Espacio de Cooperación.

– Fomentar a creación de PEMES de base tecnolóxica, a partir do modelo de negocio de innovación aberta, que respondan ás necesidades tecnolóxicas de áreas produtivas estratéxicas presentes no entorno local.

– Optimizar e mellorar o emprego e as capacidades das infraestructuras existentes a nivel local para a transferencia de tecnoloxía.