Queres formar parte?

17 Maio, 2016

O proxecto Spin&Up está aberto á participación de empresas, institucións e centros de innovación que queiran colaborar aportando o seu coñecemento para acción de méntoring, ideas de necesidades Empresariais non cubertas ou posibles proxectos empresariais a desenvolver.
Pode inscribirse para participar como empresa colaboradora, centro de innovación ou institución. Dende a organización do proxecto contactaremos coa súa organización para facilitarlle máis detalles sobre as posibilidades que Spin&Up ofrece para aportar valor ao seu proxecto.

Participa no Spin&Up!